Home Programas Área Compostela Novo plan de dinamización do comercio do Casco Histórico de Compostela

Novo plan de dinamización do comercio do Casco Histórico de Compostela

0
Novo plan de dinamización do comercio do Casco Histórico de Compostela

A concelleira de Igualdade, Promoción económica e Turismo, Marta Lois, incidiu hoxe na necesidade de elaborar un plan de dinamización comercial do Casco Histórico compostelá que permita garantir a continuidade da actividade comercial. Este plan recolle unha serie de liñas estratéxicas.

Os obxectivos marcados con este estudo son: facilitar a permanencia daqueles establecementos comerciais que fornecen bens e servizo esenciais para a comunidade; protexer o comercio histórico e construir unha ferramenta que ordene o comercio dedicado en exclusiva á venda de recordos.

O Concello xa contratou unha consultora que se encargará de levar a cabo estes traballos. As actuacións a levar a cabo serán: definir a estrutura e os contidos dun observatorio do comercio do casco histórico e a elaboración dun inventario de todos aqueles establecementos dedicados á venda de recordos susceptibles de seren suxeitos a nova normativa.