O Concello vén de presentar o proxecto de construción dun novo parque en Outeiro de Sar, no cruce coa Avenida de Lugo. Esta intervención, xurdida dos orzamentos participativos de 2016, tenta ir “máis alá” dun parque infantil convencional, segundo indicou o concelleiro Xan Duro, xa que se contempla tanto un espazo de xogo con randeeiras e tobogáns coma outra área de exercicio psicomotriz, todos eles accesíbeis a toda a cidadanía. Tódolos elementos de xogo do parque terán capacidade para acoller a 88 usuarios e usuarias, e serán inaugurados dentro de tres meses.
O parque terá unha capacidade de 88 persoas e será accesíbel a toda a cidadanía
Parque Pablo Iglesias
Así e todo, o Concello segue adiante tamén coa instalación dun novo equipamento no parque Pablo Iglesias. O obxectivo principal desta actuación, orzada en 80.000 euros e cun prazo de execución de tres meses, será camiñar tamén cara á inclusión e a accesibilidade universal. O chan do parque, que poderá empregar un cento de persoas de xeito simultáneo, será de céspede artificial.
Minuto de silencio
Por outra banda, a corporación municipal gardou un minuto de silencio ás portas do Pazo de Raxoi en lembranza da última vítima de violencia machista, unha muller asasinada este luns en La Viñuela (Málaga).