
Iníciase unha nova fase para darlle un novo pulo á planificación urbanística da cidade histórica.
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu conta da vontade do goberno por ofrecer unha visión máis “integral” aos problemas existentes na zona vella para definir dun xeito maís real e preciso aspectos esenciais da cidade como, por exemplo, o turismo, a mobilidade ou o carácter residencial do casco histórico.
Juán Requejo incorpórase ao proxecto
Na rolda de prensa de hoxe, Duarte estivo acompañado por Antonino Antequera e Paco Pol, do estudio Thuban e do propio Juan Requejo que, desde hoxe, comezará a traballar no equipo redactor do Plan Especial e Plan de Xestión da cidade histórica.
O importante é o cambio social: que queremos que sexa Santiago no futuro?
Juan Requejo é un consultor experto en temas de planificación estratéxica, turismo e mobilidade, que coñece moi ben Santiago e tamén a problemática da masificación do turismo nas cidades históricas.