A escena volvíase repetir. Unha mobilización de traballadoras e traballadores do servizo operador do 061 ás portas dun acto ao que asistía Alberto Núñez Feijóo. Novamente, a alta presenza policial e o silencio marcaron a resposta do presidente da Xunta.

- Publicidade -

O cadro de persoal operador do servizo 061 leva máis dunha semana en pé de guerra. As traballadores e traballadores esixen o 5 por cento do salario que lles deben xunto a  aplicación das melloras sociais comprometidas.

O presidente da Xunta acudía a un almorzo informativo nun hotel de Compostela no que Agustín Hernández deu as últimas pinceladas á súa candidatura ante o empresariado da cidade. “Para nós o concello é como unha gran empresa”, chegou a pronunciar.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego