Comeza un curso escolar máis noso noso país e a educación pública segue a ter graves eivas que non se dan solucionado. Unha das máis importantes é unha profunda reducción económica que provoca grandes prexuizos ao alumnado como comenta a Nós Televisión o secretario de organización do sindicato educativo STEG, Diego Pérez Castro.
Novo curso, novas irregularidades. Hoxe repasamos as principais eivas do ensino público da man do @stegsindicato https://t.co/qEOP7h0E4f pic.twitter.com/CBJOeDBNHd
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 12, 2018
O sindicato educativo STEG denuncia que mestres e profesores comezan a traballar antes de ser dados de alta
Pérez explica a Nós Televisión que xa teñen casos de profesores que accederon a traballar antes do inicio do seu contrato para non perxudicar ao alumnado. Nun deles o docente tivo un percance ao desprazarse ao centro de ensino, situación que non lle constará como accidente laboral.
A Xunta, ao seu
Pola contra, esta mañá o conselleiro de Cultura e educación da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, destacou que o comezo de curso sempre é unha data “alegre” e, malia as denuncias presentadas por parte dos sindicatos, os servizos escolares públicos galegos comezaron cunha “enorme normalidade”