López e Campos salientan a fonda implicación da Deputación coa USC e defenden que o campus de Lugo manteña unha oferta de títulos atractiva, interesante e de referencia. Convenio ratificado este mércores entre o reitor da USC, Antonio López, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, dá continuidade así á xa estreita colaboración que viñan mantendo as dúas institucións nos últimos anos. “Os investimentos feitos pola Deputación no campus de Lugo nos últimos catro anos suman arredor de cinco millóns de euros”, salientou o presidente provincial, para, de seguido, referirse ao Hospital Veterinario Rof Codina, Cebiovet, a Granxa Experimental do Campus Terra que se está a edificar en Castro de Ribeiras de Lea como exemplos de actuacións que fan visible a implicación da Deputación co campus de Lugo.
Novo Convenio colaboración USC e Deputación de Lugo
A Deputación achega 350.000 euros ao campus de Lugo para formacion, emprendemento, I+D e captación de talento