O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, considera que existe “unha desigualdade entre comunidades” á hora de facer as probas de acceso á Universidade. “É un sistema que perxudica. Hai que buscar o equilibrio e equidade. A solución é facer unha ABAU única”, di Pardo. Sobre o exame de galego na selectividade, o presidente de Novas Xeracións non ve a lingua coma “un problema”. “É certo que é máis complicado porque é unha materia máis”, sostén Pardo.
Inicio Espazo Aberto
Novas Xeracións reclama a recentralización da selectividade
Adrián Pardo basea o seu argumentario nunha presunta "desigualdade" entre os territorios do Estado