Novas protestas estudantís contra a LOMCE

O estudantado galego volveu hoxe a mobilizarse contra a LOMCE

Esta xornada de folga e protestas, convocada polas asociacións de estudantes Acción Universitaria, Erguer! e ANEGA, busca a paralización da LOMCE e a eliminación das reválidas. Na Alameda tamén se deron cita, ademais do estudantado, docentes e membros da ANPAs.

Representantes de EnMarea e BNG acudiron tamén á Alameda co obxectivo de dar o seu apoio a estas mobilizacións.

O estudantado da ESO e Bacharelato está a amosar estes meses o seu total rexeitamento a unha lei que consideran “imposta polo PP” que determinará o seu futuro académico nunha proba aínda que xa pasaran todos os cursos da ESO ou do Bacharelato. O sector afirma que non deixará de mobilizarse ata que se derogue por completo esta lei.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -