Novas conexións de Lufthansa Santiago-Munich/ Frankfurt

A aeroliña xermana Lufthansa conectará a capital de Galiza con Frankfurt e Munich.

A aeroliña xermana Lufthansa conectará a capital de Galiza con Frankfurt e Munich. Comunicouno en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois.

- Publicidade -

A frecuencia dos vóos será de tres veces por semana no caso do destino a Frankfurt e dunha vez por semana co de Munich. Estas novas conexións complementarán a oferta actual do mesmo grupo de aeroliñas que xa oferta tres avións semanais a Zurich.

O grupo Lufthansa ofertará, deste xeito, conexións con destinos intercontinentais como Hong Kong ou Johannesbrurgo ou europeos como Viena, Bruxelas ou Cracovia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego