Home Espazo Aberto Cultura Nova sesión do Ciclo de Cine e Saúde Mental no Principal de Pontevedra coa proxección de ‘Diario íntimo de Adèle H’

Nova sesión do Ciclo de Cine e Saúde Mental no Principal de Pontevedra coa proxección de ‘Diario íntimo de Adèle H’

0
Nova sesión do Ciclo de Cine e Saúde Mental no Principal de Pontevedra coa proxección de ‘Diario íntimo de Adèle H’

O Ciclo de Cine e Saúde Mental ‘O oficio de vivir’, organizado por Taller Abierto e impulsado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra, en colaboración co Cineclube da cidade, regresa este xoves ás 19.00 horas ao Teatro Principal coa proxección do filme ‘Diario íntimo de Adèle H‘, dirixido por François Truffait e con Isabelle Adjani como protagonista.

O experto Suso Novás fará unha presentación e contextualización da película e o doutor Víctor Pedreira, ex xefe do Servizo de Psiquiatría do CHOP, fará unha análise profunda que dará paso á quenda de preguntas e posterior coloquio.