Home Programas Área Compostela Nova perspectiva audiovisual destinada a colexios e institutos

Nova perspectiva audiovisual destinada a colexios e institutos

0
Nova perspectiva audiovisual destinada a colexios e institutos

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, presentaron unha iniciativa proposta polo Departamento de Educación coincidindo coa trixésima edición do Festival Cineuropa. Trátase de Cineuropa Infantil, que busca achegar o mundo audiovisual ao alumnado de colexios e institutos da cidade.

O director de Cineuropa manifestou o seu desexo de que o cine estea máis presente no programa educativo. Os alumnos poderán achegarse ao Teatro Principal o xoves 24 e o venres 25 para visionar a película de animación francesa e, ademais dos pases para o alumnado, haberá dous pases para o público en xeral o sábado 26 e o domingo 27.