Home zzPortada Dúas mortes no traballo en Galicia nas últimas 24 horas

Dúas mortes no traballo en Galicia nas últimas 24 horas

0
Dúas mortes no traballo en Galicia nas últimas 24 horas

Na mañá deste venres, un operario morreu no Porriño ao envorcar o camión que manexaba. O traballador tiña 57 anos e quedou atrapado baixo o vehículo, que levaba material pesado. Malia que as traballadoras pediron axuda urxente ao 112, unha ambulancia do 061 certificou o falecemento.

Un día antes, morría un operario ao caer do tellado dunha granxa no concello coruñés do Pino, no lugar do Couto Pequeno situado na parroquia de Medín. Cando chegaron os servizos de urxencia sanitarios, non puideron facer nada por salvarlle a vida ao traballador.

Aumentan o número de mortes no traballo en Galicia

As mortes no traballo non paran de subir este ano en Galicia. Nos últimos meses perdeu a vida un traballador na papeleira de Brandía, en Compostela, un mariñeiro que ía a bordo do barco Divina del Mar e un obreiro que manipulaba cables de alta tensión en Coirós.

Dende o sindicato CIG, contabilizan un total de 29 operarias mortas no traballo no primeiro semestre deste ano. O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral rebaixa a cifra a 23 traballadoras e traballadores.  Aínda con estes datos, o aumento do número das mortes no traballo en Galicia é do 15 por cento con respecto ao 2018 que pechou o ano con 50 operarios e operarias mortas en sinistros laborais. Esta cifra, á súa vez, supuxera un aumento do 16 por cento con respecto aos datos do 2017.