Home Programas Área Compostela Nova mobilización no aeroporto Rosalía de Castro polo peche da cantina

Nova mobilización no aeroporto Rosalía de Castro polo peche da cantina

0
Nova mobilización no aeroporto Rosalía de Castro polo peche da cantina
SONY DSC

Pagar un café a 2,20€ ou xantar por 16 euros son os prezos aos que terá que facer fronte o cadro de persoal que traballa no aeroporto se, finalmente, lles quitan o servizo da cantina. Os sindicatos denuncian a precariedade laboral e sosteñen que boa parte non chega a un salario de 1.000 euros. As traballadoras e traballadores tampouco poderían ir tomar un café ou un bocadillo noutro lugar xa que sería considerado abandono do posto de traballo.

Dende o Concello de Compostela, os grupos municipais con representación enviaron o seu apoio ó cadro de persoal do aeroporto a través dunha declaración institucional.