A nova directiva da Asociación Hostalería Compostela realizou no Pazo de Raxoi a presentación da súa nova xunta directiva ao goberno municipal nunha reunión na que participaron a nova presidenta, Sara Santos, titular do Hotel ‘Rúa Villar’, e a vicepresidenta, Rita Sobrado, do Blu Café, acompañadas polo resto de membros. Por parte do goberno municipal participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Turismo, Marta Lois. Antes da reunión Noriega explicou que o concello mantén unha estreita comunicación con esta asociación tan importante para a cidade.
“Queremos ser os interlocutores”
Desde Hostalería Compostela sinalan queren ser os interlocutores entre o sector da hostalería asociada e o Concello mesmo noutros asuntos que teñan que ver coa cidade.
Nova directiva
A nova directiva foi escollida o pasado mes de setembro logo de que se aprobara a única candidatura que se presentou. En total, son doce directivas e directivos, seis de restauración e seis de hospedaxe. Haberá unha única presidencia que exercerá durante dous anos. Despois intercambiará o seu cargo co vicepresidente para os dous seguintes.