Nova Edición do Circuíto Corresan

Arrinca unha nova edición do circuíto CorreSan coa tradicional proba polas rúas do casco histórico

A Concelleira de Deportes Noa Morales, presentou a VII edición do Circuíto de Carreiras Saudables Corresan, que este ano leva o lema de “Non é unha meta, é un destino”. Conta con catro probas, ás que se lle suma a San silvestre do 31 de Decembro. A carreira irá polas rúas da zona Vella, con saída e chegada na Praza do Obradoiro. Todo un luxo, tal e como recalcou hoxe a propia Noa Morales.

A inscrición para unha proba do Corresan, terá un prezo de seis euros para os adultos. A participación nas catro probas ten un custo de 24 euros. As categorías escolares teñen inscrición gratuita. O prazo estará aberta ata o 12 de Setembro a través da web de Carreiras galegas, e espéranse alcanzar este ano os 1000 corredores e corredoras.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -