Home Nós Televisión Nós Televisión únese en colaboración con ATTAC Galicia

Nós Televisión únese en colaboración con ATTAC Galicia

0
Nós Televisión únese en colaboración con ATTAC Galicia

A aposta pola creación de redes de colaboración e traballo marca a actividade de Nós Televisión que vén de incorporar a ATTAC Galicia como unha das súas colaboradoras. Ante nós, un camiño no que se abren interesantes liñas de actuación con este movemento internacional de persoas que buscan o control democrático dos mercados financieiros e das súas institucións, polo que levaremos os materiais audiovisuais de ATTAC Galicia, especialmente as súas entrevistas, á nosa televisión que podedes encontrar no dial 119 da canle R e tamén na nosa páxina web. E non queda aí. Tamén contribuiremos á realización e edición das entrevistas audiovisuais de ATTAC Galicia ás que lle dedicaremos un espazo na nosa páxina.

Que é ATTAC Galicia?

Naceu a partir dunha iniciativa do Director de Le Monde Diplomatique en Francia en xuño de 1998. ATTAC é un movemento internacional de cidadáns, preocupados polos asuntos colectivos e empeñados en buscarlles solución. A súa finalidade é devolverlle o poder arrebatado ós cidadáns polas transnacionais e os grupos de interese.