Home Programas Espazo Aberto Nós Televisión participará hoxe no encontro virtual ‘Información e desinformación. O papel dos medios na crise’

Nós Televisión participará hoxe no encontro virtual ‘Información e desinformación. O papel dos medios na crise’

0
Nós Televisión participará hoxe no encontro virtual ‘Información e desinformación. O papel dos medios na crise’

Información e desinformación. O papel dos medios‘ é o nome do encontro virtual organizado pola Central Unitaria de Traballadoras (CUT) que terá lugar hoxe, mércores, ás 18 horas, e que se poderá ver a través do Facebook do propio sindicato. No encontro, que abordará o papel dos medios na crise xerada a raíz da COVID-19, participará Novas da Galiza, Praza Pública, Nós Diario, O Salto Galiza e Nós Televisión.

Trátase do segundo encontro virtual que organiza a CUT baixo o lema #CapitalVSVida. No primeiro, ‘Hospitais e residencias: unha crise coidados‘, participaron as Enfermeiras en Loita, Prosagap e unha traballadora dunha residencia de maiores.