Nós Televisión aumenta a súa audiencia a través da canle de YouTube

Subimos un 373% o tempo de visualización dos nosos vídeos!

Unha televisión galega, e en galego, apta para todas as pantallas. A partir desta premisa, a equipa de Nós Televisión volca os seus contidos nas redes sociais prestando unha especial atención á canle de Youtube. Esta rede social medra cada ano ata chegar, neste 2020, a dispor de 3.805 millóns de persoas usuarias activas no mundo.

Dentro deste inmenso lugar que é o Youtube, Nós Televisión continúa a medrar ocupando un espazo de referencia no Youtube en galego. Vídeos didácticos sobre a nosa lingua como ‘O galego explicado em Portugal (I)’ superan as 162.000 reproducións, entrevistas que van máis alá das 6.000 vistas e mesmo reportaxes que abordan a nosa lingua nas cidades que superan ás 7.000 reproducións.

Segundo os datos, a canle de Nós Televisión supera as 7.500 subscricións. O crecemento prodúcese a partir do 20 setembro deste mesmo ano obtendo unha suba do 373 % no tempo de visualización con respecto ao 2019. En canto á xente que nos segue, o 35,9% procede de Galicia e do Estado español, o 35,1 % do Brasil e o 11,4 % de Portugal, o cal fortalece a Nós Televisión no escenario lusófono. 

Se aínda non es unha persoa subscritora de Nós Televisión, animámoste a seguirnos para poder estar ao día das estreas e da suba dos nosos contidos e formando parte da comunidade que nos contacta a través dos comentarios.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego