“Nós cremos que a nova ordenanza da terrazas vai resolver moitos dos problemas actuais”

Entre as novas alegacións para a modificación da regulación das terrazas, o Concello incúe o obxectivo de reducir o impacto que teñen no Casco Histórico

O Concello levará a pleno a novo texto para modificar a Ordenanza de regulación de terrazas e quiscos de hostelaría vixente desde 2013, despois de ter en conta algunhas das alegacións ao escrito presentado o xullo pasado.

Algúns dos novos cambios serían, por exemplo, que a terraza deba estar “acaroada á fachada do establecemento”, que tamén medirá a súa lonxitude, agás casos nos que esté xustificado, que pderá expandirse ata 20 metros.  Tamén se outorgaría media hora de marxe desde que remate o tempo de permanencia permitdo para poder recoller, que antes non se contemplaba. E o período máximo polo que se pode outorgar un permiso de terraza pasará a ser de 4 anos como manda a lei estatal, e non de 10 como está recollido na actual ordenanza.

As terrazas do Casco Histórico

Pero de todas, a medida máis chamativa e a de “rematar coas terrazas con pechamento na zona vella porque teñen demasiado impacto nunha área Patrimonio da humanidade”. O Concello deixará que os locais esgoten a concesión da terraza que teñan a día de hoxe, sexa de 4 ou 10 anos, pero non volverá renovalas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego