No día de onte comezaron o curso en Santiago máis de 4.600 rapazas e rapaces nos centros de Infantil e Primaria. Tanto Martiño Noriega como Manuel Dios, Alcalde e concelleiro de educación respectivamente, visitaron o CEIP Lamas de Abade onde o edil de educación atendeu aos medios de comunicación.