Cúmprense 3 anos do goberno de Compostela Aberta con Noriega á cabeza e hoxe o alcalde quixo facer unha valoración xusto cando queda un ano de lexislatura.
Tres anos intensos que nos cambiaron a todas e a todos
O alcalde asegura “respectar” as críticas da oposición, mais cre que o seu equipo construíu un “relato de cidade” con “estabilidade” que a cidadanía valorará “nas vindeiras eleccións”. Noriega lembrou que, malia as críticas dos grupos da oposición, todos os inquéritos realizados ata o de agora demostran a “consolidación” do espazo de unidade popular así como certifican unha valoración positiva do traballo realizado así como penalizan ao portavoz do principal partido da oposición.