Un día despois do apoio público de diversos dirixentes de Anova, entre eles Xosé Manuel Beiras, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosou a súa posición ante o Referendum catalán do 1 de outubro.
“Falta política”
Noriega amosou o seu apoio ao “dereito a decidir do pobos” e expresou a súa preocupación polas posicións “resistencialistas” dun Goberno de España que, en palabras do alcalde de Santiago, optou pola vía xudicial e a criminalización.
.@martinhonoriega amosou o seu apoio ao “dereito a decidir dos pobos” #referendumCAT “Non se pode encarcelar ao pobo que sae á rúa” pic.twitter.com/6cxSydd2p0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 15 de septiembre de 2017