O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, falou hoxe en rolda de prensa da protesta que está a levar a cabo no concello o Sindicato Profesional de Policías Municipales de España. Explicou as conversas que cos e coas traballadoras realizaronos membros do goberno María Rozas e Xan Duro e que, segundo asegurou, “foron rexeitadas”.
“As nosas propostas farían que a policia local de Santiago tivera as mellores condicións de toda Galicia”, indicou o rexedor. Noriega non entende que se rexeiten e sinala que o resto de sindicatos teñen que opinar e facer as súas achegas.
O alcalde asegurou que ten “paciencia” para levar a mesma “banda sonora” todas as semanas mais que os manifestantes deberían ter en conta ás persoas que visitan o Pazo de Raxoi, “tamén as que van ao Consello da Cultura Galega”. Neste sentido Martiño Noriega pregúntase “que pasaría se a protesta fose doutro colectivo?”.