As eleccións primarias ao Consello das Mareas foron suspendidas este sábado por supostas irregularidades e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quixo manifestar hoxe a súa preocupación pola nefasta imaxe dada pola organización desde a noite do venres.

Deste xeito, Noriega evidenciou que se trata dunha “situación pouco edificante” malia non é mimética coas Mareas municipalistas onde o funcionamento “é moi bo”. O alcalde de Santiago tamén alertou que a crise aberta no seo de En Marea tampouco está “sintonizada co momento social que estamos a vivir”, que augura “tempos difíciles”, referíndose ao éxito da extrema dereita de Andalucía que, engadiu, algúns incluso están a “blanquear”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -