O anuncio dunha nova obra na Cidade da Cultura que custará outros 17 millóns de euros provocou hoxe a reacción do alcalde de Santiago que non ve a obra como unha “solución” acaída para Compostela.
O alcalde de Santiago lamenta non ter sido informado pola Xunta da construción no Gaiás do edificio para o Consorcio Interuniversitario, e considera que para a cidade sería mellor proseguir coas “actuacións de mellora na contorna”.
Deste xeito, Noriega pide tempo para “valorar” o anuncio da Xunta realizado polo día de onte malia que recoñece boa parte das críticas do sector cultural galego que, ano tras ano, ve como inxentes cantidades de diñeiro público se adican en exclusiva para este polémico complexo.
O mundo da cultura nunca entendeu que se adicaran tantos cartos á Cidade da Cultura
Xa non é a primeira vez que o alcalde de Santiago amosa publicamente a súa posición crítica contra os “despilfarros” da Cidade da Cultura posto que xa en outubro de 2017 reclamaba xerar espazos de “viabilidade económica” fronte os erros na xestión da Cidade da Cultura.