O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, volveu a defender hoxe na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, a recuperación de servizos no concello, en concreto aos que agora se están a traballar que son os da ORA e o guindastre. Onte tivo lugar a xuntanza da Comisión técnica para a municipalización destes servizos, da que forman parte todos os grupos municipais así como persoal técnico, e hoxe o alcalde admitiu que non será un proceso doado.
.@martinhonoriega: "Non renunciaremos aos procesos de remunicipalizacións de servizos" https://t.co/UMztVXAUfm pic.twitter.com/YAhANJkxW2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 marzo 2017
Noriega defendeu que pode ser moi positivo a prestación de servizos desde o Concello
O proceso para a municipalización da ORA e do guindastre comezou logo dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulou a concesión do servizo á empresa concesionaria. No mes de decembro o pleno da corporación acordou crear unha comisión técnica e iniciar o procedemento de asunción directa da xestión do servizo da ORA e o guindastre.