Noriega: “Non pode haber unha cámara de videovixilancia por cada veciño ou visitante”

O alcalde de Santiago evita entrar en polémicas sobre a proposta de instalar máis cámaras de videovixilancia

Após a mediática pintada na Catedral, o alcalde de Santiago desbotou a proposta da instalación masiva de cámaras de videovixilancia na contorna de Praterías tal e como recomendaban desde a Xunta de Galicia e ás que se sumou rapidamente o Partido Popular da cidade. En todo caso, Noriega quixo responder ante as críticas por unha suposta falta de vixianza na cidade alegando que se xeran polémicas “onde non as hai”.

A seguridade absoluta non existe

Martiño Noriega desbotou a idea de reforzar a videovixilancia na cidade e advertiu que “a seguridade absoluta non existe” e que Compostela “non é unha cidade-estado”, polo que hai dispositivos de seguridade “especiais” coordinados entre a Policía Local e a Nacional.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -