“Estas cousas só me pasan con esta consellería”. Así de contundente se expresou este venres o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, como resposta ás críticas vertidas durante estes días dende o PP no tocante á súa xestión no proxecto da futura estación Intermodal.
O PP acusou ao Goberno de Compostela Aberta, por medio de Agustín Hernández, de actuar con “inoperancia” e “retrasar” a sinatura do convenio. Asemade, Noriega lamenta a “falta de lealdade institucional” da propia consellería de Infraestruturas, considerando que a Xunta cuestiona “cada paso” que dá dun xeito “guionizado. Por outra banda, o rexedor anunciou a convocatoria dun pleno extraodinario para aprobar o convenio da construción da pasarela que conectará a avenida de Lugo coa estación.
💬 @MartinhoNoriega: Estamos cansos de poñer sempre a outra meixela coa Consellería de Infraestruturas. Aínda así, seguiremos co noso empeño de que as institucións teñen que ir máis alá das súas posicións partidarias. pic.twitter.com/sHvwJWFH6B
— Compostela Aberta (@compostelaberta) 27 de abril de 2018