Home Programas Área Compostela Noriega insta a aumentar “o espazo progresista” na cidade

Noriega insta a aumentar “o espazo progresista” na cidade

0
Noriega insta a aumentar “o espazo progresista” na cidade

O alcalde de Compostela e líder de Compostela Aberta, Martiño Noriega, confirma as súas aspiracións a aumentar o “espazo progresista” na capital galega. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno local, Noriega foi preguntado polas eleccións xerais e municipais. Nese aspecto, aclarou que o seu principal obxectivo é impedir que a dereita entre no Concello.

Ademais, Noriega sostivo que ten claro o seu “inimigo político” en relación á ultradereita e apelou ó líder do PSOE, Xosé Sánchez Bugallo quen “se equivoca de inimigo” ao mercar “o marco discursivo da dereita” como “estratexia electoral”.