Noriega: “En teoría, os prazos para a licitación dos comedores escolares son suficientes”

Martiño Noriega da conta da sinatura do convenio coa consellería de educación para a xestión do servizo de comedores escolares.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, da sinatura do convenio coa Consellería de Educación para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros de ensino público do Concello de Santiago, durante os cursos escolares 2017-2018 e 2018-2019. O convenio supón unha achega económica por parte da Consellería de 74.760 euros por curso escolar.

- Publicidade -

Outros asunstos da xunta de goberno

Martiño Noriega tamén informou da resolución as alegacións ao expediente aberto á empresa adxudicataria das luces de Nadal do 2016, desestimando as cuestións presentadas.

O goberno local acordou hoxe tamén aceptar a subvención que viña a recibir o Concello de 1.556.102 euros para desenvolver o programa Mocidade con emprego, que permitirá que 380 mozos composteláns de entre 16 e 30 anos, estean máis preto de acadar un emprego de calidade.

https://nostelevision.gal/o-plan-de-emprego-xuvenil-de-santiago-contara-con-15-millons-de-euros-de-fondos-europeos/

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego