O alcalde de Santiago amosou esta mañá o seu apoio ao activista Emilio Cao, considerando que se lle pide unha “pena inxustificada” froito do “recorte de liberdades” do Estado español nos últimos anos.
Noriega resaltou que estamos a vivir nun contexto histórico de malestar caracterizado por unha “regresión nas liberdades e dereito” e que o seu caso de Emilio Cao é un “exemplo máis”. O alcalde de Santiago amosou deste xeito toda a solidariedade e desexo de que a vida do mozo do Carballiño “non fique truncada” por unha petición de pena que semella “absolutamente inxustificada”.