Home Programas Área Compostela Noriega denuncia deslealdade por parte da Xunta pola xestión da Intermodal

Noriega denuncia deslealdade por parte da Xunta pola xestión da Intermodal

0
Noriega denuncia deslealdade por parte da Xunta pola xestión da Intermodal

O Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta esta mañá en rolda de prensa no Pazo de Raxoi dos acordos producidos na Xunta de goberno local. Sinalou que o Concello vén de enviarlle á Xunta a solicitude de procedemento de avaliación ambiental xunto o Documento ambiental estratéxico e o Borrador do propio Plan. En palabras do Alcalde de Santiago, con toda esta documentación se pechan “todas as tarefas municipais” relativas ao proceso de xestión da futura Estación Intermodal de Santiago

Deslealdade e filtración de información “para danar a un goberno da Marea”

vlcsnap-2016-10-28-17h11m47s967
Actual estación de ferrocarril de Compostela

Na rolda de prensa explicou que o Goberno local está a espera de que o novo Executivo galego designe os cargos correspondentes para poder continuar as reunións tal e como indican as cartas remitidas pola propia Xunta. Relacionado con este tema denunciou unha filtración sistemática de documentación por parte da Consellería que dirixe Ethel Vázquez a determinados medios de comunicación da cidade.

Outros acordos da Xunta de Goberno local.

A Xunta de Goberno local tamén acordou a adxudicación de tres dos proxectos que serán financiados con cargo a remanentes, e que suporán un investimento total de case 375.000 euros. Serán a mellora do pavimento da calzada no viario de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña no seu marxe oeste, a mellora do pavimento no viario de Reboredo a Lavacolla e o acondicionamento da Casa da Muller.