Home Programas Área Compostela Noriega confía en que o novo Goberno central dea un respiro ás administracións locais

Noriega confía en que o novo Goberno central dea un respiro ás administracións locais

0
Noriega confía en que o novo Goberno central dea un respiro ás administracións locais

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que se atopa aínda afastado do seu despacho por mor dun permiso de paternidade, fixo esta mañá unha valoración das “frenéticas” mudanzas acontecidas no Estado durante as últimas semanas. Noriega confía en que o cambio na Moncloa permita ás administracións locais tomar un “respiro”, en referencia a cuestións como a Taxa de Reposición que estaban a “asfixiar” aos concellos.

EDAR da Silvouta

Así e todo, o rexedor coida manter a liña de traballo iniciada co anterior ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, e continuar a “desbloquear” proxectos antes estancados coma a Intermodal, a rotonda de Conxo ou a variante de Aradas. Por outra banda, confirmou que o Concello se reunirá nas vindeiras datas coa nova titular de Medio Ambiente, Teresa Ribera, cun claro reto: que apoie o proxecto da depuradora da Silvouta.