O Aeroporto de Santiago de Compostela ven de superar o seu récord histórico de pasaxeiras e pasaxeiros de 2016 e continúa crecendo. O alcalde compostelán celebra a cifra histórica de viaxantes que rexistrou o aeroporto Rosalía de Castro neste mes de decembro, rebasando o récord acadado no ano 2016.
Martiño Noriega achaca este éxito á “política de internacionalización” do aeródromo.