A humanización da rotonda de Conxo é unha obra “inexcusable” para o Goberno de Compostela Aberta. Trátase, como xa se vén repetindo nos últimos meses, dunha “obra de alcance menor” no económico (300.000€) pero de alto valor simbólico para a cidade.
A humanización da rotonda de Conxo foi comprometida hai máis de dous anos polos máis altos cargos do Ministerio de Fomento e presentada na cidade pero cuxa execución foi incumprida en reiteradas ocasións.
Fomento reitera que a obra si se vai executar
Noriega quixo aproveitar a presenza de Íñigo de la Serna na cidade para reclamar que Fomento cumpra coa súa palabra.