Noriega analizará os expedientes de licenzas a terrazas e locais do período do PP

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, afirmou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que a revisión de expedientes de licencias anteriores á chegada do seu goberno débese a que ten curiosidade por ver como xestionaba este tema o Partido Popular.

- Publicidade -

Noriega revisará expedientes de licencias do PP “por curiosidade”

En relación a non prorrogación da empresa que xestionaba as multas de tráfico en Santiago Martiño Noriega dixo que esta decisión tomouse porque non era o modelo que quería o novo goberno municipal para a cidade.

A contratación dunha empresa para cobrar as multas de tráfico xa foi un tema polémico no seu momento logo de que saltara á luz pública a presunta relación dalgún membro do anterior gobernó coa trama corrupta da Pokémon.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego