A Secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá unha campaña que desenvolverán ao longo dos vindeiros meses baixo o lema “Xa é hora de avanzar nos nosos dereitos”, coa que pretenden visibilizar, denunciar, sensibilizar e combater as discriminacións que sofren as mulleres no mundo do traballo.
Mobilizacións
Desde o sindicato nacionalista explicaron que, con esta campaña, queren sacar á luz a situación de desigualdade das mulleres, exemplificando con casos concretos (convenio colectivo, plan de igualdade, situación concreta na empresa ou sector…). Ademais, desde a CIG adiantan que acompañarán cada nova denuncia con mobilizacións para que transcendan socialmente. Tanto é así que xa está convocada unha primeira mobilización para o 11 de xullo ás 13:30h diante da fábrica de Citroën, en Vigo