“Non son estatísticas; son vidas en perigo e sufrimento”

O fundador de Proactiva Open Arms, Óscar Camps, conversa coa eurodeputada nacionalista Ana Miranda a bordo do buque Astral

A delegación de eurodeputados e eurodeputadas que se embarcou no barco Astral —composta por Ana Miranda (Alianza Libre Europea – Os Verdes), Miguel Urbán (Esquerda Unitaria), Javier López (Socialistas e Demócratas) e Eleonora Forenza (Esquerda Unitaria)— chega á súa fin. Este sábado, acompañaron á ONG Proactiva Open Arms no rescate de 59 persoas que navegaban á deriva nun bote de goma ao leste de Trípoli.

Temos os recursos precisos, mais non se nos permite actuar

Miranda conversou co fundador da organización, Óscar Camps, quen sinala que non se trata de “cifras ou estatísticas”, senón que estamos a falar de “vidas en perigo, sufrimento e xente moi vulnerábel”. Camps apunta, asemade, as dificultades que se atopa a ONG a diario: “Sempre hai saídas e pateiras con problemas, mais non se nos permite intervir”, expón. A pasada noite, lembra, faleceron 100 persoas no Mediterráneo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Malia contar cos barcos e medios precisos, moitas veces as ONG non poden actuar polo veto das autoridades costeiras de países coma Italia, Malta ou Libia. A eurodeputada do BNG matiza que a tripulación destas embarcacións de salvamento “intenta salvar vidas, mais non lle deixan”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -