A cidade para a cidadanía. Esa é a idea que transmitiu en rolda de prensa o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, ao explicar que o seu departamento non concederá novas licenzas para establecementos hostaleiros na zona vella, ampliando a moratoria que xa impedía concedelos desde o ano pasado. O edil de Compostela Aberta explicou que o obxectivo último do cambio era “frear a proliferación de establecementos de hotelería, nas súas diferentes tipoloxías, e fomentar o uso residencial da zona vella de Compostela”.
O Concello aposta por frear a proliferación de establecementos hoteleiros na zona vella
Con esta moratoria o goberno municipal ten a intención de chegar, para o ano, a ter rematado o novo Plan Especial da Cidade Histórica e un Plan de Xestión que indique cales son os usos autorizables segundo o tipo de edificación nos diferentes barrios de Santiago.
O Concello de Santiago quere redudir o abandono poboacional
A intención do goberno municipal de Compostela é reducir o abandono poboacional da zona vella de Santiago que, segundo datos achegados polo propio concelleiro, foi dun 10% nos últimos dez anos.