Hoxe tivo lugar en Compostela unha rolda de prensa da plataforma Mina Touro-O Pino Non acompañada de diversos colectivos de terra e de mar afectados polo megaproxecto mineiro.
A Plataforma presentou en Compostela os novos pasos que darán nas vindeiras semanas, entre as que destaca unha recollida de sinaturas contra un proxecto que afectaría ao sector agricola, gandeiro e hosteleiro; entre outros moitos, alén dos enormes riscos para saúde: impacto ambiental, económico, cultural e social
A obriga legal e moral do presidente da Xunta está cos galegos e galegas
A actriz Uxía Blanco, nada en Touro e filla predilecta do concello, foi a encargada de dar lectura ao manifesto que recolle os motivos para a oposición e que critica duramente o abandono da explotación mineira pechada hai máis de 30 anos