Un dos principais problemas que están a sufrir as enfermeiras eventuais é ter que estar dispoñibles todos os días a todas as horas para o suposto caso de recibir unha chamada para traballar no mesmo día. “Non podes madurar na vida persoal porque a vida laboral non cho permite”, di Catuxa Lagarón, unha enfermeira eventual. As consecuencias de ter que dicir que non nesas chamas son pasar ao fondo da lista e incluso quedar fóra dela.
Catuxa Lagarón explica que sempre houbo mobilizacións en todas as áreas da sanidade, pero este ano o que aconteceu foi que as traballadoras de toda Galicia se puxeron en contacto, e de aí naceu a idea de vestir de negro na OPE.
As enfermeiras reivindican unha mellora do pacto de contratación. “Debémonos á sociedade. Se o traballador non está ben coidado, a sociedade non pode estar ben coidada”, di Eli Dosil, enfermeira eventual. Esta tamén explica que a organización e as mobilizacións son a única saída aos problemas que están a sufrir.