“Non houbo ningún achegamento por parte do Hostal”

As e os traballadores do Hostal dos Reis Católicos volven saír á rúa esixindo á empresa que o vindeiro mércores se sente a negociar un novo convenio

Pasan as semanas e a situación laboral da plantilla do Hostal dos Reis Católicos non mellora. As e os traballadores do emblemático parador volveron saír á rúa esixindo á empresa que ceda ante as súas principais condicións e negocie un novo convenio na xuntanza que se celebrará este mércores 18 de xullo.

- Publicidade -

Este mércores haberá un encontro entre empresa e traballadores

No caso de que non existise tal negociación, segundo o acordado na asemblea de traballadores do Hostal que se convocou o pasado venres, as mobilizacións continuarían diante do edificio nas vindeiras datas. A seguinte concentración está prevista para finais desta mesma semana.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego