“Non existe a rehabilitación integral e interdisciplinar”

Nove asociación galegas denuncian o servizo de rehabilitación integral na área de Santiago-Barbanza, centrado "na fisioterapia" e sen considerar o resto de disciplinas

Nove asciacións galegs de pacientes e usuarios e colexios profesionais fan unha chamada de atención sobre a deterioración e a carencias dos servizos integrais de rehabilitación da área sanitaria de Santiago-Barbanza. Denuncian falta de persoal, de planificación e coordinación e de orzamentos, en xeral un abandono continuado durante os últimos 20 anos que fixeron da rehabilitación unhas das áreas máis abandoadas do Sergas.

Non existe a rehabilitación integral e interdisciplinar” coméntanos Fernando Abraldes, da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS. “Os servizos céntranse principalmente na fisioterapia“, comenta, e a demandareal require máis persoal especializado. Terapeutas ocupacionais, logopedas, psicoloxía clínica, neurrehabilitadores para pacientes con epilepsia, especialistas en traballo social, en psicomotricidade… e varios servizos e plans para cumprir mellor cos coidados.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Que os CHUS conte con profesionais destas áreas é unha demanda que levan facendo durante anos. “Non é que demandemos un aumento de prazas, é que non hai ningún traballador social neste momento”, explícanos Fe Sampaio, do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. E caso desta disciplina aplícase ao resto, e contabilizaron que en total farían falta 51 postos de traballo máis en cada unha das especialidades para outorgar un servizo de calidade.

Alertan que as carencias da sanidade público xera e necesidade de buscar o servizo en entidades privadas, e que a pesar e estar informada, a Xerencia “responde negativamente” como explica Abraldes.

Participan na declaración conxunta a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a Unión Galega de Epilepsia, a Asociación Nacional de Amputados de España, Sarela a Asociación de Dano Cerebral de Compostela,  o Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, o Colexio oficial de Fisioterapeutas de Galicia e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -