“Non é feminismo, é un atentado contra o Patrimonio”

Nós Televisión fala con membros da Asociación pola Defensa do Patrimonio Galego sobre as pintadas na fachada da catedral

Dende Apatrigal, a Asociación pola Defensa do Patrimonio Galego, denuncian moi seriamente as pintadas na Catedral de Compostela. Trátase dun “atentado a todos os niveis”, que vai “en contra da nosa identidade como galegos” e que ademáis se paga con cartos dos contribuintes, explica ás cámaras de Nós Televisión, María Luisa Ferreiro.

Apatrigal sobre as pintadas na Catedral: “se Pardo Bazán erguera a cabeza, revolvíase na tumba”

Dende a asociación tamén ven necesario abordar o tema dende un punto de vista feminista. Un ataque ao Patrimonio da Humanidade que “nin a nivel cultural nin como muller é feminismo”, opina Ferreiro. Independentemente de quen o fixera, “se Emilia Pardo Bazán levantara cabeza, revolvíase na tumba“, engade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

E a solución a este tipo de “vandalismo” está clara: a concienciación. As cámaras que dende a Consellería insisten en que hai que colocar son só “unha medida”, comenta outra membro de Apatrigal, Minia Del Río Arca. “A base realmente estaría na educación“, engade.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -