Non aos recortes na ESADG!

Reportaxe da CIG-Ensino da primeira das mobilizacións na Escola Superior de arte Dramática de Galiza

Profesorado e estudantes paralizan a ESAD no primeiro día de folga para esixir a fin dos recortes de persoal. A Escola Superior de arte Dramática de Galiza viviu onte o primeiro dos tres días de folga convocados para esixir a restitución dos seis postos de traballos perdidos nos últimos dous anos. Co centro totalmente paralizado, profesorado e estudantes levaron as súas demandas até a sede da Xunta, esixindo que non se poña en risco o prestixio e calidade educativa da única escola que imparte estes estudos en Galiza

- Publicidade -

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego