"Non queremos estudar para ser precarios". Conversamos nesta #Folga19A co portavoz de @Espiral_MRG: @_Ivan_Rodr pic.twitter.com/jHLzekJ03C
— Nós Televisión (@NosTelevision) April 19, 2018
Co gallo da convocatoria de folga estudantil deste 19 de abril, conversamos co Portavoz da organización xuvenil Espiral; Iván Rodríguez.
Non aceptamos que o noso día a día sexan recortes
Esta folga supón a continuidade “das mobilizacións do 8 de marzo” e contou cunha alta afluencia de estudantes. Estas esixencias feministas tomaron un primeiro plano ao longo de toda a xornada de hoxe nas principais rúas galegas.