Home Espazo Aberto Feminismos Os nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista cubrirán o Pazo Provincial de Pontevedra

Os nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista cubrirán o Pazo Provincial de Pontevedra

0
Os nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista cubrirán o Pazo Provincial de Pontevedra

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe de que a fachada do Pazo Provincial mostrará dúas grandes pancartas cos nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista desde que existen estatísticas, é dicir, desde 2003.

“Instalaremos esas pancartas cos seus nomes porque non poden caer no esquecemento”, asegurou Silva, que valorou esta acción como “unha actitude activa contra a violencia machista que nos mata ás mulleres polo simple feito de ser mulleres”. A presidenta provincial lembrou á última muller asasinada pola violencia machista, onte en Valencia, e sinalou que “esta situación tan grave e dramática interpélanos a todas e a todos para dicir ‘basta xa’”.