Noa Morales: “Deberían prohibirse os campionatos de caza”

Ademais de asociacións e partidos políticos tamén desde as institucións hai voces contrarias á celebración de encontros de caza do raposo como o que terá lugar esta fin de semana en Cercedo-Cotobade. É o caso do concello de Santiago, que a través da súa concelleira de Benestar Animal Noa Morales, manifestou o seu rexeitamento a este tipo de eventos.

Morales defende as actuacións realizadas ata o de agora en Santiago como un “xeito de convivir” cos animais sen ter que sacrificalos. Para a edil do goberno municipal a sociedade mudou e as institucións deben tomar boa nota das novas sensibilidades.

Cidades máis amigables cos animais

Morales defendeu, en todo caso, que o Concello de Santiago leva toda a lexislatura actual traballando por facer unha cidade máis amigable cos animais e desenvolvendo políticas de prevención e sensibilización contra o maltrato animal. En concreto, o veto aos circos con animais foi unha das primeiras medidas desenvoltas por parte da concellería de Benestar Animal así como tamén destacan as accións para desincentivar a compra irresponsable de animais ou a xestión ética das colonias felinas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego