“As grandes empresas que agardaron a parar ata o último momento primaron os seus beneficios á saúde das traballadoras e traballadores”, sostén a responsable da comarca de Compostela da Central Unitaria de Traballadoras (CUT). María Pose explica que esta non é só unha crise sanitaria e que calquera crise que teña lugar no sistema capitalista vai ser pagada polas traballadoras e traballadores.
En Compostela o sindicato está pendente de que non se deterioren as condicións laborais das traballadoras que prestan servizos públicos do Concello a través de subcontratacións. “Esta é unha cidade de servizos e pecharon moitos centros aplicando ERTEs, moitos deles ilegais“, sostén Pose que fai fincapé en que a CUT dispón dun ‘Pack anti estafa laboral‘ na páxina web do sindicato onde figuran os contactos sindicais de cada comarca.