“Ningún home ten que explicarnos o que significa abortar”

As deputadas do BNG fixeron un chamamento público á participación da manifestación do 8M a modo de loita contra a ameaza que supón a extrema dereita para o feminismo

As deputadas do Bloque Nacionalista Galego quixeron facer un chamamento público á manifestación do 8M. Sobre todo agora, “nun momento no que hai forzas políticas que o que queren e que demos pasos atrás” en palabras da voceira nacional do partido, Ana Pontón, que fixo especial referencia “á dereitona na que milita Feijóo”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ningún home ten que explicarnos que significa abortar, non necesitamos paternalismos, nin tutelas“, comentou a voceira, amosando a necesidade de ter gobernos verdadeiramente feministas. Na mesma liña, lembrou que o Goberno de Núñez Feijóo non só “non tomou nota” das demandas que fixeron as mulleres o pasado 8M, senón que ademais “se aliou coa extrema dereita que quere que retrocedamos”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -